Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Vigo: no espello dos nosos avós

Imagen de portada del libro Vigo

Información General

Otros catálogos

Descripción principal

  • ¿Cómo era hai cen anos esta cidade? ¿Qué rostros, que personaxes, que tipos humanos a habitaban? ¿E que iniciativas, ensaios, proxectos ou utopías fixeron dela a ``nova California´´, a ``Barcelona atlántica´´, o ``San Francisco galego´´, que era como lle chamaban os nosos avós? Este libro ten o engado dos vellos daguerrotipos, ou daquelas antigas placas de vidro coas que os fotógrafos de principios de século tentaron plasma-las primeiras instantáneas da cidade, porta do Atlántico á que moitos chegaban camiño das Américas para logo ficaren nela a vivir.

    Hai cen anos Vigo era un pequeño burgo duns poucos milleiros de habitantes. Para xa daquela soaba polo mundo. O seu crecemento foi abraiante, vertixinoso, e nestas páxinas están algúns dos seus primeiros protagonistas: Elduayen, Tomás Mirambell, Elías Pérez (profesor do Colexio de Humanidades), os Curbera, Cesáreo Corbal, García Barbón, Luís Taboada, González Sierra.

    Daquela, os empregados do Cable Inglés ensinaban a xogar ó fútbol ós nosos avós, e na praia anunciaban salutíferos baños as instalacións de ``La Iniciadora´´.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno