Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Camiños de Santiago: 50 anos de desprotección patrimonial dun itinerario cultural

Teresa Nieto Freire, Carlos-Alberto Amoedo-Souto

  • Galiza é punto de chegada das sete rutas históricas de peregrinaxe a Santiago de Compostela. Porén, o máis senlleiro patrimonio cultural galego, internacionalmente recoñecido como patrimonio da Humanidade, é tamén un dos máis ameazados. O seu territorio histórico, formalmente protexido desde 1962, foi obxecto dunha lexislación insuficiente frente á intensiva explotación turística, á que se lle engadiron outros aproveitamentos vinculados ao desenvolvemento capitalista- concentración parcelaria, infraestructuras xerais, explotacións mineiras, parques eólicos- que deturpan irreversiblemente a autenticidade e integridade do primeiro itinerario cultural mundial.

    No contexto dunha crise económica que se engade á tradicional falta de sensibilidade patrimonial dos poderes públicos e privados, a transmisión deste patrimonio cultural ás xeracións futuras obriga á aplicación firme dun marco legal máis coherente. Velái o desafío desde libro.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus