As culturas non se configuran nunca como totalidades suturadas, coherentes e inmutables, senón como conxuntos continxentes, fragmentarios e inconsistentes de prácticas e crenzas que evolucionan no tempo. As culturas resultan máis lábiles e mutables do que se adoita pensar, constitúen verdadeiros documentos activos, conglomerados de diferenzas refractarias a calquera forma de resumo, procesos dinámicos e abertos de recreación e resignificación, un continuo facerse e desfacerse. De aí que consideralas como sistemas de significado non implique a postulación delas como mundos cristalizados, pechados, e non contraditorios de sentido, pois as culturas son sempre, dun xeito ou doutro, acontecemento, continxencia, accidentes na historia. Ese esquivo conxunto de actitudes, crenzas e prácticas no que as culturas consisten resultan polémicas, contestadas no seu interior, pois son sempre plurais en interpretacións e susceptibles de diversas lecturas, versións e énfases. Toda cultura fala con diversidade de voces, constitúe un fluído proceso de interpretacións antagónicas, unha polifonía que non unha monodia, escenario plural de conflictos e contestacións constantes, unha urda de diferenzas e similitudes ordenadas só de xeito moi parcial. As culturas, por cabo, non están nunca soas, ata o punto de que a diversidade resulta menos debida ao illamento que as relacións que nos vinculan. Velaí as razóns polas que o nexo entre cultura e comunidade constitúe unha relación complexa: as culturas non son enteiramente congruentes con grupos de poboación e territorios dados e non resulta posible unha descrición indisputada, «obxectiva» da cultura dun grupo humano. O propio concepto de comunidade cultural ou grupo cultural devén así problemático, construído, relacional. Na vontade de debullar criticamente esta pluralidade das significacións da cultura no noso tempo, desde diversas tradicións intelectuais, olladas persoais e disciplinas académicas, desenvolveuse no Consello da Cultura Galega o abano de seminarios O(s) sentido(s) da(s) cultura(s). Este libro recolle a maioría dos textos presentados e discutidos devagar nas diferentes sesións realizadas nos últimos catro anos. Agavelalos nun volume conxunto permitirá non só recuperar a plural riqueza das diferentes achegas, tamén decatármonos dos sutís fíos argumentais que se entrecruzan e retoman en perspectivas moi diversas. Mesmo servirá, por riba, para facilitar ao público materiais que estimamos de interese para a reflexión persoal sobre tan capital dimensión, por constitutiva, das nosas vidas como seres en quimérica procura de sentido, nun mundo que nos sitúa unha e outra vez «fóra de lugar».
págs. 12-26
págs. 27-58
Os estudos culturais: a Escola de Birmingham
págs. 59-112
págs. 113-134
A interdisciplinariedade á luz da historia da ciencia: algúns exemplos tomados da física, a matemática, a medicina e as ciencias da terra
págs. 135-160
págs. 161-186
págs. 187-202
págs. 203-235
A obra de arte na era da «perogrullada» incesante: [A reprendre depuis le debut]
págs. 235-274
Sentir doutra maneira: unha lección nietzscheana sobre a arte e a cultura
págs. 275-294
págs. 295-306
Imaxe, palabra, saber: o educador contra o comunicador
págs. 307-316
Identidades culturais e integración política: un mapa conceptual
págs. 317-346
págs. 347-368
págs. 369-392
págs. 393-410
Cidadanía global e dereito á diferenza: verbo de identidades, feminismo, globalización e multiculturalidade
págs. 411-432
págs. 433-462
Sobre política: discurso, xuízo, recoñecemento e don
págs. 463-482
págs. 483-500
A nación moderna: entidade política e comunidade cultural, consecuencias e problemas actuais
págs. 501-516
págs. 517-534
págs. 537-576
Os movementos sociais e a sociedade civil: de como os emerxentes conflitos sociais cuestionan as perspectivas adoptadas polas ciencias sociais
págs. 577-604
págs. 605-638
Orixe, apoxeo e ocaso dunha subcultura política territorial: as rexións vermellas en Italia
págs. 639-656
págs. 657-672
págs. 673-696
págs. 697-703
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados