José María Mella Márquez (dir.)
Este estudo ten por obxecto realizar unha aálise económica sobre a optimización da prestación dos servizos públicos locais en Galicia. O seu obxectivo específico é a análise, a partir dos conceptos da teoría económica, da prestación de seis servizos públicos locais básicos en Galicia: a provisión de auga, a depuración de auga, a recollida dos residuos sólidos urbanos, a extinción de incendios ou bombeiros, os transportes urbanos e o urbanismo. os obxectivos xerais perseguidos poden sinteizarse dicindo que se trata, desde un punto de vista económico, de demostrar ou de verificar empiricamente que a política de provisión intermunicipal ou metropolitana dos servizos mencionados é máis eficiente que se se desenvolvese separadamente municipio por municipio. Noutras palabras, trátase de comprobar que a asignación máis eficiente dos recursos locais e a provisión óptima dos servizos poden lograrse máis facilmente en ámbitos supramunicipais da Administración local, aplicando os principios de cooperación e coordinación intermunicipais.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados