Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


O mundo e nós: unha análise sobre os retos de Galiza no novo milenio

Imagen de portada del libro O mundo e nós

Información General

Otros catálogos

Descripción principal

  • O mundo e nós achega unha visión persoal sobre a integración de Galiza no mundo actual e os problemas e desafíos que ten que enfrontar a sociedade galega. Este brillante ensaio está moi influído pola actividade profesional do autor, Enrique Sáez Ponte, vencellado ao mundo financieiro –ocupando postos de dirección no Banco Pastor e no seu grupo–, onde cada vez hai menos barreiras e onde a globalización é algo real e influínte.

    Por outra banda, a reflexión insírese na situación presente de Galicia, unha terra aínda non pechada e sometida a importantes restriccións debidas a un dificultoso pasado. Do diálogo entre a experiencia profesional e a realidade vital xorde O mundo é nós, unha obra que incorpora perspectivas novas e suxerentes sobre temas de grande actualidade no noso país.

    O mundo e nós busca, unha interpretación da posición de Galiza no mundo. A primeira parte do libro, “O mundo” aborda a evolución recente do estado-nación, con referencias ao que estar a pasar en diversas partes do planeta.

    A parte máis longa do ensaio adícase a Galiza, “Nós”, centrándose principalmente na evolución do país nas últimas décadas do século, cunha referencia previa á herdanza histórica, cultural, social e económica que condiciona este período. O autor aborda cuestións relacionadas coa posición periférica de Galicia no ámbito europeo e cos elementos de dinamización e apertura.

    Remátase o libro cun apartado sobre algunhas encrucilladas nas que probabelmente Galiza vai ter que elixir, nos próximos vinte anos: a dialéctica entre subsídios e soberanía, a conformación dun País artellado ou desartellado, a consolidación dun modelo idiomático aberto ou pechado, e os criterios para competir nunha economía global que van dende a actual dimensión das nosas empresas, o crecimento do capital humano ata os recursos naturais e o noso patrimonio.

    O mundo e nós está redactado dende posicións abertas. Un libro, moi significativo no actual debate económico, político e social do país.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno