Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Dereito parlamentario de Galicia

Imagen de portada del libro Dereito parlamentario de Galicia

Información General

Reseñas

Otros catálogos

Descripción principal

  • Dereito Parlamentario de Galicia vén cubrir un baleiro importante no tratamento dogmático do ordenamento xurídico de Galicia. Trátase dunha obra na que Xosé Antón Sarmiento Méndez analiza de xeito crítico as especificidades do lexislativo autonómico como cerna do poder político galego, poñendo de manifesto aqueles aspectos máis polémicos de funcionamento da Cámara e as súas posibles reformas.

    Os operadores político-xurídicos da Comunidade Autónoma, así como os estudiosos do Dereito galego, é en xeral das institucións políticas, atoparán en Dereito Parlamentario de Galicia claves que explican o rol xogado no escenario político galego por suxeitos como a Xunta de Galicia, a oposición parlamentaria, os partidos políticos, os grupos parlamentarios e certos grupos de presión que actúan sobre o Parlamento.

    O traballo de Sarmiento Méndez adquire ademais o interese de estar elaborado por quen, na súa condición de letrado parlamentario, e coñecedor das interioridades da institución, une o seu labor como profesor universitario de Teoría Constitucional na Facultade de Dereito, o que Ile permite achegar á obra o necesario rigor científico no tratamento dos temas, facendo de Dereito Parlamentario de Galicia un instrumento de grande utilidade para todos aqueles que, como estudiantes de Dereito ou Ciencias Políticas e opositores aos Corpos de Funcionarios das Administracións Públicas, necesitan dispor dun manual actualizado e sistemático co que dar conta da regulamentación xurídica-política do Parlamento de Galicia.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno