Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Os precursores da normalización: defensa e reivindicación da lingua galega no Rexurdimento (1840-1891)

Imagen de portada del libro Os precursores da normalización

Información General

  • Autores:
  • Editores: Vigo : Edicións Xerais de Galicia, D.L. 1992
  • Año de publicación: 1992
  • País: España
  • Idioma: gallego
  • ISBN: 84-7507-647-5
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)

Reseñas

Otros catálogos

Descripción principal

  • O Rexurdimento, a nosa ‘’renacencia’’ do século XIX, foi bastante máis ca un movemento literario, ainda que nas letras dese os seus máis logrados froitos: Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Curros Enríquez...

    Foi un estado de opinión, un estado de conciencia que se manifestou en diversas ramas do coñecemento –a música, a ciencia, o pensamento político, as artes plásticas- e que tivo como principal obxectivo a recuperación social, cultural e política de Galicia, a dignificación e defensa do propio país, asoballado no autoodio e na dependencia.

    Dende o primeiro momento o idioma encarnou esas preocupacións. Rosalía de Castro era consciente de que escribía na lingua daqueles que nunca lerían os seus versos, porque non sabían ler no que falaban. Eduardo Pondal invita ás mociñas coruñesas a usar decote a fala do país. Curros pona nos labios de Xesucristo...

    ¿Quen eran exactamente os nosos ‘’precursores’’? ¿Qué proxecto de Galicia tiñan? ¿Qué horizonte vían para o idioma galego? ¿A que prexuízos, eivas ou atrancos se enfrontaban realmente, logo de case catrocentos anos de silencio? Velaquí un dos períodos máis decisivos da nosa historia contemporánea, acaso a primeira chispa na conciencia do que agora somos.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno