Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Xoaquín Lorenzo (1907-1989): Unha fotobiografía

Imagen de portada del libro Xoaquín Lorenzo (1907-1989)

Información General

Otros catálogos

Descripción principal

  • Xoaquín Lorenzo Fernández (Ourense, 1907–Lobeira, 1989),etnógrafo, arqueólogo, historiador, profesor, fotógrafo, debuxante, fundador do Museo do Pobo Galego, membro da Real Academia Galega, foi homenaxeado co Día das Letras Galegas 2004.

    O presente volume, Xoaquín Lorenzo (1907-1989). Unha fotobiografía, preparado por Afonso Vázquez-Monxardín Fernández, constitúe a achega máis acaída sobre o percorrido biográfico e autoral de Xoaquín Lorenzo. Precedida por unha presentación do Museo do Pobo Galego e dunha cronoloxía do autor, recolle centos de fotografías (a maior parte inéditas), textos e documentos organizados nas seguintes etapas:

    1907-1923: A infancia e a mocidade. A descuberta de Galicia.

    1923-1936: Os tempos do Seminario de Estudos Galegos. O compromiso coa Terra.

    1936-1941: A fenda da guerra. Sobrepóndose á desfeita.

    1941-1963: O traballo posible. Arqueoloxía e etnografía.

    1963-1977: A ilusión dos novos tempos. A confianza na mocidade.

    1977-1989: O fío da memoria. Tempo de homenaxes e recoñecementos.

    A obra, ademais do percorrido fotobiográfico, inclúe ensaios de Clodio González Pérez (“Xocas: Biografía”), de Francisco Fariña e Xulio Rodríguez (“Dimensión arqueolóxica de X. Lorenzo”), de Xosé Manuel González Reboredo (“Don Xoaquín Lorenzo Fernández e os estudos da sociedade, a literatura oral e as crenzas da Galicia campesiña”), de Francisco Calo Lourido (“Xaquín Lorenzo Fernández e o mundo do mar”), de Francisco Fernández Rei (“A terminoloxía tradicional e a construción do galego estándar”), de Xosé C. Sierra Rodríguez (“Palabras e cousas. Achegamentos visuais ó coñecemento etnográfico”), de Segundo Alvarado (“Don Xoaquín Lorenzo, un solteirón, pais de moitos) e Xosé Lino Vázquez-Monxardín Blanco (“A lembranza dun bo e xeneroso”). O volume complétase cunha bibliografía de e sobre Xoaquín Lorenzo. A edición desta fotobiografía realizouse en colaboración entre o Museo do Pobo Galego, o Consello da Cultura Galega e Edicións Xerais de Galicia.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno