Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


X. Espazo para un signo

Imagen de portada del libro X. Espazo para un signo

Información General

Otros catálogos

Descripción principal

  • Dous elementos gráficos cruzados conforman o X, un grafema que representa a singularidade da nosa lingua. Arredor deste concepto, o calígrafo e artista Lázaro Enríquez creou este libro co que Xerais quixo celebrar os primeiros vinte e cinco anos do seu traballo. Un ideal editorial convertiu a letra X nun xogo para unha ducia de poetas co reto de elaborar un poema onde o X fose protagonista e o contido xogara, bailara e ata rira da proposta realizada. Un libro, pois, que establece un diálogo entre as variacións gráficas e pictóricas do grafema, creadas polo artista, e os textos escritos expresamente para a obra por doce das e dos nosos poetas (Marilar Aleixandre, Fran Alonso, Xosé María Álvarez Cáccamo, Anxo Angueira, Xela Arias, María do Cebreiro, Ramiro Fonte, Antonio García Teijeiro, Xosé Miranda, Chus Pato, Ana Romaní e Xavier Seoane). Un libro absolutamente singular, onde o X convértese no único protagonista visual, diversificándose na interpretación textual dos poetas como espazo para un signo: musa matemática da incógnita e da unión, enerxía que xermola, xorne de nós e seixo orixinal, xen oculto, xoia da amizade, símbolo da xustiza, metáfora do traballo poético, lingua atravesada…


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno