Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Vigo por Magar I: 40 anos en branco e negro

Imagen de portada del libro Vigo por Magar I

Información General

  • Autores:
  • Editores: Edicións Xerais
  • Año de publicación: 2002
  • País: España
  • Idioma: gallego
  • ISBN: 978-84-8302-920-6, 84-8302-920-0
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)

Otros catálogos

Descripción principal

  • Vigo por Magar constitúe unha síntese histórica dos últimos corenta anos da cidade olívica.

    Historias de vidas anónimas e de esforzos ou tristezas colectivas. A soidade dos Herbello en 1962, os últimos habitantes de Cíes, o romance da Avenida de Beatriz, incrustado nunha pintada a brocha coa que un namorado quixo chamar a atención dunha veciña da que anos despois chamarían Avenida das Camelias; o estrondo dun atasco de tranvías en Policarpo Sanz (en 1967), pouco antes da chegada dos Vitrasas.

    No libro amósase o esforzo das carrexonas do Berbés, das mulleres traballadoras do rural, das mariscadoras ou das empregadas de Regojo, presentes en varias fotos moi potentes. Ou a traxedia do naufraxio do petroleiro Polycomander, os incendios da Panificadora e do Hotel balneario de Mondariz, o choque ferroviario de Rande ou a chegada dos féretros do accidente do río Órbigo, acontecementos recollidos en instantáneas estarrecedoras. Tampouco faltan as escenas da ledicia do “Gordo” que caíu na Seara ou o tipismo das romaxes de san Mauro, san Blas, que se mesturan cos concertos de Raphael en Castrelos ou de Madonna en Balaídos. Nin as visitas de Franco, a manifestación pola Autonomía ou os días de folga xeral, os conflictos do naval que Magar soubo recoller con espírito crítico e comprometido.

    Nesta síntese apaixonada non faltan os retratos de tipos populares: Manolito Soler ou a Karina Falagan dos setenta; escenas dos vellos oficios desaparecidos: o sereno, os limpabotas ou a última fotógrafa da Alameda. Nin a presencia dunha longa galería de alcaldes; nin do deporte, dende o Vulcano de balonmán ao primeiro Celta europeo de xogadores galegos. Con todo, o eixo do libro, prologado fermosamente polo xornalista Fernando Franco, é a propia cidade de Vigo: dende o seu patrimonio desaparecido ata o proceso de crecemento urbano contemporáneo.

    Vigo por Magar provoca no lector un recordo que non é pasado. As fotos deste libro serven para restaurar a memoria da cidade de Vigo.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno