Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Talego

Imagen de portada del libro Talego

Información General

  • Autores:
  • Editores: Edicións Xerais
  • Año de publicación: 1993
  • País: España
  • Idioma: gallego
  • ISBN: 978-84-7507-770-3, 84-7507-770-6
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)

Otros catálogos

Descripción principal

  • Talego é unha novela que se desenvolve arredor do mundo das drogas e que pon en cuestión a imparcialidade do sistema xudicial.

    Cunha trama magníficamente construída, a novela consta de dúas partes. Na primeira desenvólvense os feitos que conducen á segunda, narrados cun estilo áxil e compacto en torno ó mundo da delincuencia. Na segunda parte a palabra poética cobra protagonismo, e a acción desenvólvese no cárcere, que é maxistralmente presentado desde dentro. Polas páxinas de Talego, e narrado nun rico argot carcerario, desfilan delincuentes, camellos, heroinómanos, presos, o mundo da cadea, as comisarías, os xulgados, e uns protagonistas que ven devalar as súas vidas ilusionadas e comprometidas dos anos 70 desde detrás das rellas dos cárceres dos 80.

    Talego, que afonda nunha visión urbana feroz e fermosamente brutal, descende a mundos sórdidos, grises e truculentos cunha linguaxe precisa, metálica e ferinte que non se esquece da poesía e que engaiola ó lector desde a primeira á última páxina.

    A novela, que ten o mérito de tirar infatigablemente do lector, tamén acerta no final e convirte a Xosé Ballesteros nun dos narradores novos máis interesantes da actualidade.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno