Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Sempre Cristina

Imagen de portada del libro Sempre Cristina

Información General

  • Autores:
  • Editores: Edicións Xerais
  • Año de publicación: 1993
  • País: España
  • Idioma: gallego
  • ISBN: 978-84-7507-766-6, 84-7507-766-8
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)

Otros catálogos

Descripción principal

  • Cristina é a máis pequena dos cinco fillos que ten a familia Moreira. É unha namorada dos animais, e anda empeñada en amestrar un rato da casa. O carácter inquieto da nena vai se-lo fío conductor desta novela, na que se contan diversas aventuras da súa vida cotiá.

    O primeiro conflicto é na escola. Cristina pinta no encerado unha caricatura da mestra, para protestar polo seu mal carácter e polo exceso de deberes. O director resolve o conflicto.

    Máis tarde, invitan a Cristina a pasa-la fin de semana na casa da súa amiga Silvia. Pero o pai desta sofre un accidente, polo que a nai ten que ausentarse e as dúas nenas quedan soas. Entón, deciden empapela-lo dormitorio dos pais, deixando todo feito un desastre total.

    Logo, van ó circo cunha tía de Silvia. Alí, Cristina queda entusiasmada cos cans amestrados e decide visitalos, cousa que lle impide o domador. Pola noite, cando xa están durmindo, Cristina érguese para levarlles comida ós animais. Descobre que están en moi malas condicións e enfróntase co domador. Xunto coa amiga vai denuncia-los feitos á policía, que resolve o conflicto.

    Os problemas acaban por amañarse, xa que as familias recoñecen que as nenas actuaran sempre movidas por boas intencións. A Cristina regálanlle un can, que fora sempre a súa grande ilusión.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno