O Robinson Crusoe, o coñecido relato do náufrago e a súa loita pola supervivencia durante máis de vintecinco anos completamente só nunha i!la do Caribe. é unha das primeiras grandes creacións da narrativa inglesa moderna.
Desde o momento da súa publicación. na Inglaterra protoindustrial dos camenzos do século XVIII, esta apaixonante epopeia dun horne só frente á natureza acadou unha aceptación e celebridade fóra do común e converteuse nun clásico da narración de aventuras e viaxes, inaugurando unha longa e ricaz tradición novelística e servindo de modelo para numerosas versións e imitacións en tódalas literaturas. Desde aquela ata hoxe a popularidade do relato non deixou de medrar, e o Robinsón pasou de ser un heroe de novela a converterse nun auténtico personaxe mitolóxico.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados