Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Retorno a Tagen Ata

Imagen de portada del libro Retorno a Tagen Ata

Información General

  • Autores:
  • Editores: Edicións Xerais
  • Año de publicación: 1996
  • País: España
  • Idioma: gallego
  • ISBN: 978-84-7507-964-6, 84-7507-964-4
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)

Otros catálogos

Descripción principal

  • X.L. Méndez Ferrín creou en Retorno a Tagen Ata unha xeografía imaxinaria -Anatí, Tagen Ata, Terra Ancha- co obxecto de aproximarse poética e fantasticamente a certas tensións que se producen a finais dos anos 60 entre o nacionalismo galego do exilio-emigración en América e o do interior, e mais as relacións de conflicto entre o Estado español e a nación asoballada.

    A presente edición inclúe un documentadísimo estudio introductorio de Antón Capelán, " Invitación á viaxe " , sobre o contexto histórico e político no que a obra foi escrita. O profesor Capelán sinala que con Retorno a Tagen Ata culminaba a ruptura xeracional que se viñera xestando desde finais dos anos cincuenta no ámbito da creación estética: Nova narrativa galega, rexeitamento da poesía imaxinista e neotrobadoresca, e defensa da pintura informalista de A Gadaña.

    A presente edición do texto ferriniano, conclúe cun epílogo onde Ramón Nicolás Rodríguez recopila as críticas e outros textos sobre a obra: recensións sobre as tres edicións realizadas da obra, diversos comentarios críticos, fragmentos de varias entrevistas a X.L. Méndez Ferrín e críticas e informacións sobre a teatralización do texto.

    En definitiva, unha edición moi coidada para un dos textos emblemáticos e míticos na obra narrativa ferriniana.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno