Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Os montes veciñais en man común: O patrimonio silente. Natureza, economía, identidade e democracia na Galicia rural

Imagen de portada del libro Os montes veciñais en man común

Información General

Otros catálogos

Descripción principal

  • Os montes veciñais en man común constitúen ao redor de 3.000 unidades produtivas comunitarias que ocupan en torno ás 700.000 hectáreas da superficie de Galicia. Ao longo da segunda metade do século pasado experimentaron varios réximes institucionais, ata que a partir de 1968 comezou un proceso de devolución da propiedade do monte ás comunidades de veciños, proceso que se foi consolidando coa lei 13/1989 do Parlamento de Galicia, instituíndo un réxime legal vixente até a actualidade. Coa devolución das superficies comunais aos seus lexítimos propietarios agardábase non só outorgar a estes un recoñecemento moral e político, senón tamén facilitar a mobilización produtiva das terras a monte e o desenvolvemento das áreas en que os montes veciñais teñen maior presenza. Estas expectativas están lonxe de ser colmadas, a día de hoxe. Por que estes activos físicos susceptibles de ser mobilizados produtivamente non suscitan a autoorganización das comunidades.

    Este libro, preparado polo Grupo dos Comúns, formado por un equipo multidisciplinar de economistas e historiadores do IDEGA da Univ. de de Santiago, recolle unha investigación exhaustiva sobre o problema converténdose nunha ferramenta imprescindible para o coñecemento da situación actual dos montes veciñais e das comunidades de montes en Galicia. Así, na primeira pare, A propiedade veciñal na historia, presenta a súa evolución desde o momento anterior á implantación do réxime liberal até os nosos días, atendendo non só á configuración legal e ás funcións do monte no sistema agrario. Na segunda, A situación actual dos montes veciñais, aborda plural realidade presente de montes e comunidades, afrontando unha avaliación das relacións entre ambos, á luz dos resultados económicos e ambientais. Por último, na terceira, Os determinantes da situación actual, estuda o impacto dos montes veciñais sobre o desenvolvemento rural partindo da súa diversidade e analizando o impacto das dinámicas do mercado e das políticas públicas.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno