Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Obra galega completa

La imagen de portada del libro no está disponible

Información General

  • Autores:
  • Editores: Ediciones Akal
  • Año de publicación: 1989
  • País: España
  • Idioma: gallego
  • ISBN: 84-7600-471-0
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)

Otros catálogos

Descripción principal

  • “Arealonga” quería ofrecer nun soio volume tódolos textos galegos de Rosalía de Castro, moitos deles somente atopables en publicaciós eruditas. Ademáis de “Cantares Gallegos” e de “Follas Novas”, as dúas grandes obras en galego da nosa autora, esta nosa entrega contén un conto en prosa, unhas traducciós en verso e dez poemas que Rosalía escribiu ó marxe dos dous libros citados. O leutor, por conseguinte, está dediante da totalidade do mensaxe galego de Rosalía. en canto ó erudito, afórraselle o traballo de ter que percurar as pezas esparexidas deste mensaxe. Cando Rosalía de Castro publicóu o seu primeiro libro vernáculo, Galicia era unha enorme gándara de alleamento. Ela, ó definirse e ó definirnos, brindóunos unha tarefa que outros espritos foron precisando e agrandando. Pro ela foi un verdadeiro alborecer. Cando dazasete anos despósi, en 1880, Rosalía viaza ás bisbarras mási escuras da súa intimidade, compón un libro que é un exemplario de poesía fonda, radica e gravemente desacougante. Hai nese libro, tamén, anacos latexantes da Galicia que dasquela padecía, moi concretamente, a historia. Ese volume, “Follas Novas”, consolida, en certa maneira, o que a nosa autora fixera nun lóstrego de intuición e acerto: convertir unha fala popular en ferramenta artística. Despóis de 1880, Rosalía de Castro vai vivir intres cheos de dificultade e de traxedia: desgracias familiares, penosa enfermedade, incomprensiós literarias, xenreiras ... Nestes intres, aqueloutrada por semellantes circunstacias, abandona o idioma que a ela, máis que a ninguén, lle debia a súa renacencia, a súa fermosa renacencia. O presente volume recolle, xustamente, a aportación –adecisiva e primaveral aportación- que Rosalía de Castro tributóu ó noso Rexurdimento.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno