Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Obra dramática

Imagen de portada del libro Obra dramática

Información General

Otros catálogos

Descripción principal

  • A obra de Ramón Cabanillas (1876-1959) ocupa, sen dúbida, un lugar sobranceiro dentro da historia da dramaturxia galega. Poeta de prestixio incuestionable no seu tempo e figura indiscutida dentro do panorama das nosas letras, a traxectoria teatral do autor cambadés desenvólvese no marco das iniciativas a prol da normalización cultural promovidas desde as Irmandades da Fala. Os resultados dese labor móstranse, xa que logo, a través de obras como A man de Santiña –estreada en 1919 e publicada en 1921- ou O Mariscal –publicada en 1926-: pezas que nacen, polo tanto, nun momento de efervescencia nacionalista e tamén como producto do convencemento de que o teatro podía e debía constituír un instrumento galeguizador fundamental.

    Desta maneira, a obra dramática do autor cambadés inaugura unha auténtica nova xeira na nosa producción teatral: a dramática nacional, rompendo progresivamente, ademais, coa estética do realismo costumista ruralizante do teatro rexionalista anterior a el.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno