A austríaca Elfriede Jelinek (1946) é un dos autores contemporáneos máis importantes de fala alemá. Incansable feminista e defensora das ideas progresistas, a representación da súa obra teatral foi prohibida pola ultradereita en Austria. En 2004 recibiu o Premio Nobel de Literatura. Con O que ocorreu despois de que Nora abandonara o seu home ou os piares da sociedades, Jelinek deu a coñecer en 1979 a súa primeira obra dramática, herdeira dunha tradición que comezou Ibsen; de feito está obra formula unha posible continuación de Casa de bonecas, de Ibsen. Elfriede Jelinek, unha autora extremadamente crítica coa sociedade e coa relixión, ten declarado que eu non sei nada de teatro; escribo contra o teatro. Esta é a súa primeira obra traducida para o galego.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados