Ha sido reseñado en:
Agustín Fernández Paz: O centro do labirinto: Col. Fóra de Xogo, Edicións Xerais, Vigo, 1997
A Trabe de ouro: publicación galega de pensamento crítico, ISSN 1130-2674, Nº. 31, 1997, págs. 127-129
A acción de O centro do labirinto transcorre a mediados do século XXI. Aínda que o proceso de globalización mundial, acompañado da extensión do pensamento único e da uniformización cultural, xa comezara a finais do século XX, só se consolidou definitivamente cando entraron as Leis de Unificación, no ano 2020. Unhas leis que provocaron a resistencia dun sector minoritario da poboación, recluído agora na ZNC (Zonas Non Controladas) que se crearon especialmente para acoller esas minorías.
Nos anos en que transcorre a historia, o mundo está dividido en 8 zonas, das que Europa é unha delas. Nesta Europa, que vive de costas ás abrumadoras desigualdades mundiais, parece que xa só é posible unha vida baseada no consumo e no conformismo. Aínda que formalmente segue a existir un poder político, o certo é que o poder real está en mans do G-12, o grupo de persoas que dirixe os seus destinos desde a sombra.
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados