Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Non hai misericordia

Imagen de portada del libro Non hai misericordia

Información General

Reseñas

Otros catálogos

Descripción principal

  • Xelís de Toro consolida nesta que foi a súa segunda novela, publicado despois de “Seis cordas e un corazón” (Xerais Negra, 1989), un estilo narrativo propio, tenso e contundente, que lle acae perfectamente a unhas historias e personaxes de vocación nidiamente urbana. A estructura de “Non hai misericordia” xira arredor dalgúns relatos que son o pretexto para que varios contertulios dialoguen nun programa radiofónico sobre o tema da violencia. Esta idea sérvelle ao autor para facer unha recreación paródica do xeito de expresarse que ten cada un dos participantes: un sociólogo, un teólogo, un psicólogo e un asistente social. Unha aposta arriscada e orixinal que procura e merece a complicidade do lector, conquistada cun uso da linguaxe coloquial moi ben dosificado, e que lle abre as portas da literatura ás realidades menos gratas da nosa sociedade. O protagonista absoluto de “Non hai misericordia” é a violencia nas súas diversas manifestacións. Polas súas características estructurais, pola súa fasquía temática, a narración crúa, tensa e directa, pola linguaxe asequible, esta obra, recuperada agora dentro de Xerais Peto, está chamada a ser revisitada e recoñecida por un amplo abano de lectores.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno