Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Matar o tempo

Imagen de portada del libro Matar o tempo

Información General

Otros catálogos

Descripción principal

  • Matar o tempo é a historia dun proceso educativo para a deshonra e a vileza, mestura de novela picaresca e feminina, móstranos a loita dun personaxe de condición humilde, que, a trompadas, coa adversidade, vai edificando a súa vida a conta dos outros,e pasa fame, sofre enganos, burlas, explotación. En ningún dos ambientes nos que se desenvolve hai nunca lugar para a piedade, o amor, a compaixón: soamente crueldade. Sen embargo, estas situacións están en absurdo e grotesco contraste coa fermosura das palabras, a expresión musical, a riqueza léxica, as descricións pormenorizadas e precisas, as enumeracións que reflecten o contorno dunha beleza desmesurada e irrefreable ou dunha delicadeza inusual na prosa galega de hoxe.

    Matar o tempo é toda unha parodia da sociedade actual, onde os egos sen límites nos levan á destrucción. Valcárcel, sen embargo, deixa aberta a porta á esperanza, á procura do noso tesouro, da nosa realización anterior, que debemos saber buscar. Esta é unha novela que sen dúbida sorprenderá, que, sen dúbida, anuncia a un gran narrador.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno