Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Lorenzo Varela (1916-1978): Unha fotobiografía

Imagen de portada del libro Lorenzo Varela (1916-1978)

Información General

Otros catálogos

Descripción principal

  • A presente obra, coordinada por Fernando Salgado García, un dos biógrafos máis destacados do poeta Lorenzo Varela, recolle un detallado percorrido fotobiográfico sobre a peripecia vital e traxectoria literaria do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2005. Un libro, prologado polo profesor Xesús Alonso Montero, que recolle centos de fotografías (a maior parte deles inéditas), textos e documentos organizados nas seguintes etapas:

    1916-1931: Infancia: La Habana – Monterroso- Buenos Aires.

    1931-1934: Aceiro e mel: Lugo 1934-1939: Armas e letras: Madrid – Guerra Civil.

    1939-1941: Camiño do desterro: Francia – México.

    1941-1947: A esperanza renacida: Buenos Aires.

    1947-1952: O Exilio no exilio: Uruguai.

    1952-1976: A dobre patria galaico-criolla: Buenos Aires.

    1976-1978: As cicatrices do retornado: Madrid – Galicia.

    A obra, ademais do percorrido fotobiográfico, inclúe ensaios de Xesús Alonso Montero (“Raíces lingüísticas, raíces literarias e raíces políticas de Lorenzo Varela”), Xosé Gregorio Ferreiro Fente (“Do socialismo ateniense ao mi mamá me mima. Lorenzo Varela e o padroado das Misións Pedagóxicas”), Alberto Portas Gómez (Lorenzo Varela. O militante e o seu tempo”), Carlós L. Bernárdez (“Lorenzo Varela: ‘o diagrama dun grito`. Unha visión esgazada e reflexiva da poesía, a arte e a vida”) e Xosé Luís Axeitos (“Lorenzo Varela, unha voz amurallada). O volume complétase cunha completa cronoloxía e bibliografía de e sobre Lorenzo Varela. A edición desta fotobiografía realizouse en colaboración entre o Consello da Cultura Galega e Edicións Xerais de Galicia.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno