Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Galicia en cen prodixios

Imagen de portada del libro Galicia en cen prodixios

Información General

Otros catálogos

Descripción principal

  • O xornalista Henrique Alvarellos Casas recolle neste volume cen prodixios de Galicia, cen singularidades, autoorgullos, descubrimentos, feitos históricos sobranceiros, manifestacións culturais ou monumentos naturais nos que destaca o noso país, algunhas veces xa dende o tempo anterior aos romanos.

    Unha das mellores citanias celtas, a maior concentración de petroglifos de Europa, a aldea prerromana mellor conservada do continente, a única muralla completa do imperio romano, o faro en funcionamento máis antigo do mundo, a comarca europea con maior concentración de templos e mosteiros románicos, a ruta cultural e turística máis antiga de Europa, o primeiro parque temático de Occidente, o acantilado máis alto do Atlántico norte, os mellores bosques de teixos e loureiros de Europa, os eucaliptos e castiñeiros máis altos do continente, os bosques de acivros máis extensos da península, a cidade onde máis horas chove de España, o arado máis longo do mundo, a siderurxia integral máis antiga de España, as casa máis estreitas de Europa, a cidade europea que máis medrou no século XX, o invento universal do futbolín, a primeira flota de baixura de España, o récord do mundo en control dun balón de fútbol… Un libro para coñecer e gozar da Galicia máis excepcional, para preservala, para coidala. Un libro para encherse dalgunhas das grandezas que posúe este país, unha beira atlántica no centro do mundo.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno