Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Escáner

Imagen de portada del libro Escáner

Información General

  • Autores:
  • Editores: Edicións Xerais
  • Año de publicación: 2002
  • País: España
  • Idioma: gallego
  • ISBN: 978-84-8302-891-9, 84-8302-891-3
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)

Otros catálogos

Descripción principal

  • Escritor realista, Caride fai nestes relatos a crónica de sucesos da nosa sociedade, facéndoa dende dentro, pola carne e polo sangue. Nestes quince relatos de Escáner hai unha visión de conxunto do ser humano. Nos catro primeiros relatos, inéditos ata o momento, (“FotoShock”, “Carta a Berta”, “Hendra” e “Viaxe de Volta”), están tódalas tendencias da narrativa curta de Caride, desde o realismo, a denuncia, o compromiso e mesmo a hiperrealidade de “FotoShock”, un texto fondamente narrativo e fondamente reflexivo, que escarva tanto na alma humana como na situación do mundo; ata a ciencia-ficción de “Hendra”, unha ciencia ficción tanto ao xeito do cinema como biolóxica ou psicolóxica; pasando polo inusual final feliz de “Viaxe de volta”, esa case segunda oportunidade que só se lles concede aos felices como Ulises, e pola amarga crítica ao mundo literario, tan inzado de oportunistas e alpabardas, da “Carta Berta”.

    O quinto relato, “Lume da memoria”, é a contribución do autor a unha certa, e fecunda, literaria da memoria, da historia das xentes humildes pero arrichadas, que non se limita á guerra civil e as súas consecuencias.

    “Camiño longo”, é un drama interior, opresivo, onírico, fantástico, perfectamente acorde coas obras mestras do xénero.

    “As formas gastadas dos soños” é ese pesadelo repetitivo, mecánico, no que afloran odio, autoodio, xenofobia e a procura da identidade. Un relato no que Caride amosa canto partido se lle pode tirar a unha nota de sucesos e cantas capas ten esa cebola que chamamos realidade. O realismo suxo e deprimente roxe en pezas como “Nocturno”, e “L.H”, o relato que nos ofrece a ollada do asasino lunático. “Interiores” é unha pequena peza do fantástico, onde se reflexiona sobre as conexións entre realidade e ficción, entre a persoa e o escritor, entre o creador e o personaxe.

    No último relato, “O camiño”, un exemplo da literatura do marabilloso, que ben podería ser tomada por ciencia ficción sen selo.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno