Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Dublineses

Imagen de portada del libro Dublineses

Información General

Otros catálogos

Descripción principal

  • Collíalle a man e ela soubo que lIe dicía algo sobre a pasaxe unha e outra vez. A estación estaba chea de soldados con sacos marróns. A través das portas abertas entreviu a masa negra do barco, atracado no peirao, cos ollos de boi iluminados. Non contestaba nada. Sentía as súas meixelas pálidas e frías e, no seu labirinto de desesperación, pregoulle a Deus que a guiase, que lIe amosase cal era o seu deber. O barco lanzou un longo e tristeiro bufido de serea contra a néboa. Se marchase, mañá estaría no mar con Frank, rumbo a Buenos Aires. Xa tiñan as pasaxes. ¿Podería aínda volverse atrás despois de todo o que el fixera por ela? A desesperación espertoulle náuseas no corpo e continuou movendo os labios nunha fervente e silenciosa ladaíña.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno