Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Días contados

Imagen de portada del libro Días contados

Información General

  • Autores:
  • Editores: Edicións Xerais
  • Año de publicación: 1991
  • País: España
  • Idioma: gallego
  • ISBN: 978-84-7507-609-6, 84-7507-609-2
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)

Reseñas

Otros catálogos

Descripción principal

  • Os doce relatos que compoñen Días contados procuran diferentes olladas sobre a realidade inmediata, maiormente urbana, de xeito que o autor imaxina compatible, coexistente, un mundo real e facilmente nomeable con outros mundos, xa menos definidos ou desdebuxadamente concretos, que se insinúan co sorriso da ironía por cebo.

    Cid Cabido percorre unha cidade con rúas e bares e comercios que se chaman coma as rúas e bares e comercios de Vigo, pero que ademais representan calquera espacio urbano, calquera outro labirinto semellante onde a noite facilite a metamorfose necesaria dun contable mentres alguén se ocupa de lavar os contedores do lixo; onde os buzóns poden gardar seres vivos ou converterse na entrada secreta que conduce a outra cidade baixo a cidade; onde os trasteiros dun edificio calquera son como trampas contra a normalidade cotiá; onde a beleza inalcanzable en forma de farmacéutica se pon demasiado a tiro para ser tan simple; ou onde os periódicos anuncian grandes remedios para grandes males urbanos coma o illamento, as carencias afectivas e a soidade máis insoportable.

    Unha intención parece atravesar estas doce historias: a realidade non é nin moito menos un producto acabado, pode reproducirse por abandono ou perfeccionarse ata o límite en que xa non conserva un só elemento tranquilizador. Pero a realidade merece ser sospeitada dende esa constante desviación de si mesma.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno