Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Da terra asoballada

Imagen de portada del libro Da terra asoballada

Información General

Otros catálogos

Descripción principal

  • O título Da Terra asoballada xorde por vez primeira na obra de Ramón Cabanillas, o noso poeta da raza, como unha das seccións nas que aparece dividido Vento mareiro (1915). Xa en 1926, Da Terra asoballada volve aparecer na cabeceira dun poemario ben diferente daqueloutro de nove anos atrás. Agora Cabanillas escribe versos que conectan decisivamente co espírito do nacionalismo verbalmente exaltado, raiando no misticismo e sempre na dignificación mítica da terra.

    Sendo o civismo -é dicir, a poesía cívica- o dominante ao longo de Da terra asoballada (en poemas inesquecibles para a causa galega corno " ¡En pé! " , " Galicia " , " Terra " ), atopamos tamén, na edición de 1926, poemas que dificilmente poden ser considerados baixo este prisma. Trátase de composicións tales corno " Rosiña, Rosa " , " Para Mari-Estrela " ou aínda " ¡Probiña da tola! " , onde atopamos a un Cabanillas intimista e sentimental que enxerga coa multiplicidade temática -e tamén estilística- do poeta cambadés.

    Así pois, con este novo volume, preparado coidadosamente polo profesor Xosé Ramón Pena Sánchez, -que comprende tódolos poemas que, algunha vez, apareceron baixo a denominación común de Da Terra asoballada nas súas diferentes variantes- é doado comprobar e investigar aínda na evolución e na particular andaina poética, e tamén político cultural, dun dos autores máis representativos da literatura galega de tódolos tempos.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno