Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Contos de parvos e pillos, I

Imagen de portada del libro Contos de parvos e pillos, I

Información General

Otros catálogos

Descripción principal

  • Xosé Miranda e Antonio Reigosa, responsables da colección Cabalo buligán, pretenden dar acomodo nos dous volumes que titulan “Contos de parvos e pillos I e II” a un tipo de relatos orais que se distinguen doutros porque sempre hai un protagonista e un antagonista que son unha cousa ou a outra. Non sempre gaña o pillo, pois, como na vida, moitas veces o aparente parvo resulta ser un disfrace dun grandísimo pillabán. Contos moi divertidos que agochan o riso inxenuo, a burla inocente, nos que aboia a retranca do país.

    “Contos de parvos e pillos I e II” dan continuidade ao amplo e rico abano de relatos orais tirados da tradición oral de Galicia, contos marabillosos, de maxia, de encantamento ou de animais. Unha edición coidada e un tratamento da ilustración de gran calidade iluminan esta sorprendente oferta literaria.

    O volume “Contos de parvos e pillos I”, ilustrado por Marcela Santorun, reúne os contos recreados por Xosé Miranda (“Ben pode ser”) e por Antonio Reigosa (“As tres preguntas do rei”, “Canto de hai e non hai”, “O santo milagreiro”, “Un pequeño xornal” e “O cura de Redondela”, “O mentirán”, “Xoán e Xoana”, “O galego antes do naufraxio”, “O Roso e o Mangante”, “O conto de nunca acabar”, “Contos falsos”, “¿Queres que cho conte?”, “Maneiras de contar os días da semana”).


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno