Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Contos da Coruña

Imagen de portada del libro Contos da Coruña

Información General

  • Autores:
  • Editores: Edicións Xerais
  • Año de publicación: 2007
  • Edición:
  • País: España
  • Idioma: gallego
  • ISBN: 978-84-9782-633-4, 84-9782-633-7
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)

Otros catálogos

Descripción principal

  • Xurxo Souto convida aos lectores de Contos da Coruña a unha apaixonante viaxe ao fondo da memoria desta cidade e dos seus barrios populares, As Xubias, Eirís, Os Castros, A Gaiteira, Oza, O Montiño, Monelos, Elviña, Fontán, San Roque, O Labañou, que resumo son da Galicia toda. A Coruña que Xurxo Souto contempla colectivamente tracexada como unha cidade de músicos e navegantes, entre o palco da festa e o peirao do Muro, polo toque do acordeón e o golpe de mar.

    Xurxo Souto descúbrenos unha cidade inédita para os medios de comunicación: a Coruña como unha cidade atlántica (onde sopra o vento de Nova York), enxebre e cosmopolita; como unha pedra chantada no océano; como unha cidade que naceu do mar e no mar ha ter o seu futuro.

    Contos da Coruña é un primeiro e único manual de épica cascarilleira. Velaquí as grandes historias de heroes anónimos da Coruña como o Periquete, o patrón máis novo que mandou un pesqueiro de altura; os percebeiros da Punta Herminia; Pucho Boedo e Sito Sedes, cantantes preciosistas; o ciclista Clemente; ou Manuel Cajaraville, o gran bailador de Aturuxo e Cantigas da Terra. Velaquí un periplo tasqueiro insólito, que nos leva dende o Bar Los Claveles, sede do esplendor da tapa de orella prensada, ata A Toquera, refuxio de mariñeiros, ou á apoteose de os Peteras dos Belés, taberna fermosa no medio das torres de Monelos. Velaquí un libro que recolle tamén a primeira antoloxía do cantigueiro cascarilleiro, inzada de emocionantes repichocas e cantareas de historias lindas da memoria popular.

    Contos da Coruña é, pois, un convite fraternal para armar un poderoso periplo tasqueiro no que procurar toda a xenerosidade gastronómica das nosas comarcas e das terras estremeiras de Galicia, agora felizmente cartografadas nos bares, tascas, baiucas e adegas do vello plano da Cidade do faro. Contos que arroutan o peito e aclaran a gorxa para nos dicir quen somos e que facemos neste curruncho da Humanidade ao que ben chamamos Galicia.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno