Ha sido reseñado en:
Grial: revista galega de cultura, ISSN 0017-4181, Nº. 144, 1999, págs. 750-753
Capitán Inverno está organizado en seis grandes apartados: I. Mínima Moralidade (onde amplía o poemario do mesmo título gañador do Premio González Garcés), II. Litoral Urbano, III. Eternidades, IV. Salas de Cine (unha homenaxe as salas de cine que marcaron a vida do poeta), V. In-fernos Piadosos, rematando cun longo e importantísimo poema narrativo de 212 versos que o poeta titula Unha lenda.
Capitán Inverno é un libro de libros, coa vocación dunha obra total, densa e transparente. Poesía esencial, liberada de ruído, onde a dicción sinxela, por veces conversacional, oculta a complexidade da composición.
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados