Ha sido reseñado en:
Viceversa: revista galega de traducción, ISSN-e 1989-2853, ISSN 1135-8920, Nº. 4, 1998, págs. 211-216
A obra de Jesús Moncada, multipremiada e traducida ás principais linguas do mundo, foi saudada pola crítica de todas partes. Segundo Kjell A. Johansson, traductor sueco de Camí de sirga, unha entrevista para La Vanguardia, " traducindo a Moncada descubrín un enorme candidato ó Premio Nobel " .
Xabier Rodríguez Baixeras, traductor ó galego de Camí de Sirga comenta:
Non é doado atopar unha obra literaria que xurda tan serena, tan harmónica na súa saudade, e mesmo no seu sentido do humor, tan distante e, asemade, tan próxima da sensibilidade de quen viviu semellante drama persoal e colectivo. Camí de sirga é unha obra erguida desde a lembranza, certamente. Pero tamén desde a linguaxe. Unha linguaxe podente, rica, lúcida, capaz de intervir decisivamente na incrustación deste vivísimo mosaico. Camíño de sirga é unha novela de linguaxe, desas que ama este traductor, pois son capaces de lle facer crer que tamén está a participar na súa creación. Se cadra sexa esta unha das razóns principais pola que foi tan celebrada na súa terra e está o a ser agora no extranxeiro.
© 2001-2025 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados