Ha sido reseñado en:
Unha exploración no mundo do erotismo
Grial: revista galega de cultura, ISSN 0017-4181, Nº. 112, 1991, págs. 617-618
Paroulle o corazón cando acudiron a retirar as camisolas de durmir e logo, ó quedar pechado na escuridade e en mala postura, entregouse á compaixón de si mesmo. Víase mergullado nunha situación ridícula, de película humorística de baixa estofa, e non reaxiu ata sentir o reclamo de palabras acariciadoras. Guichou por entre as portas entreabertas do armario e estremeceuse ó ver preto, moi preto, as pernas abertas de Molly e, esvarando polo ventre plano, a mata de pelo de Lillian.
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados