Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


As aventuras de Said e Sheila

Imagen de portada del libro As aventuras de Said e Sheila

Información General

  • Autores:
  • Editores: Edicións Xerais
  • Año de publicación: 2001
  • País: España
  • Idioma: gallego
  • ISBN: 978-84-8302-706-6, 84-8302-706-2
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)

Otros catálogos

Descripción principal

  • Said e Sheila, os dous irmáns da época futura, viven nas páxinas deste volume as súas máis sorprendentes e arriscadas aventuras. Saben que o futuro non é algo inevitable, senón algo por construír, que temos que facer entre todos. E así o demostran en cada unha das súas aventuras viaxando do futuro ao pasado, e desprazándose no seu transportador por todo o planeta, dende a Antártida a Grecia, dende Suíza á Arxentina, dende Brasil á parroquia de Loreda, a aldeíña galega onde viven conectados ao mundo co seu ordenador, pacifistas, solidarios, defensores da xustiza e do medio ambiente, coa axuda da súa panda de amigos e amigas, saberán enfrontar con optimismo a aqueles que pretenden facerse donos do planeta.

    Todo o alento das mellores narracións de aventura e ciencia ficción, na primeira serie de personaxes da literatura galega dirixida a lectores adolescentes que Ramón Caride Ogando iniciou con Perigo vexetal, a novela gañadora do Premio Merlín na súa edición do ano 1995. Dende aquela, Caride e o ilustrador Miguelanxo Prado uniron os seus xenios creativos para ofrecer unha serie coidadísima que, ata agora, se completou con tres novas entregas, publicadas todas elas na colección Xerias Merlín: Ameaza na Antártida, O futuro roubado e o conto “A primeira aventura de Said e Sheila”, incluído no volume colectivo Historias para calquera lugar. Xerais ofrece agora nun único volume, encadernado en cartoné, o conxunto da serie para disfrute dos milleiros de seguidores de Said e Sheila, os irmásn ecoloxistas e pacifistas que loitan dende o futuro por un mundo mellor.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno