Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Arxentina

Imagen de portada del libro Arxentina

Información General

  • Autores:
  • Editores: Edicións Xerais
  • Año de publicación: 1990
  • País: España
  • Idioma: gallego
  • ISBN: 978-84-7507-522-8, 84-7507-522-3
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)

Otros catálogos

Descripción principal

  • Dende Itaquí ou Rocha (fundada por galegos), na fronteira do Brasil, ás terras austrais da Lapataia, onde o home recibe a derradeira luz do mundo, hai catro mil quilómetros a percorrer. O escritor viaxa e narra, con ollos abraiados, a inmensidade de horizontes non extraños para nós. Miles de galegos triparon estes camiños, abriron rastrilladas, traballaron chacras, fundaron sociedades e levantaron a bandeira da esperanza neste país que foi mito e paraíso para moitos dos nosos avós.

    ¿Qué é agora a Arxentina, aquel soño maravilloso? Aquí non se conta todo –que moito fica aínda por contar-, pero o lector ten nas mans un libro construído con amor e paixón, na mellor tradición dos viaxeiros ilustrados, que procura afondar, a través do coñecemento da terra e das xentes, no corazón desta patria distante.

    A memoria dos vellos, as preocupacións dos netos, o absurdo da miseria nun país tan extraordinariamente rico, o recordo de Blanco Amor, Seoane e Castelao nas rúas de Buenos Aires, ou os galegos sindicalistas da revolución da Patagonia no 21, entre tantos outros, conforman esta crónica chea de emoción e saudades.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno