Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Aire para respirar: Memorias dun tempo presente

Imagen de portada del libro Aire para respirar

Información General

  • Autores:
  • Editores: Edicións Xerais
  • Año de publicación: 2002
  • País: España
  • Idioma: gallego
  • ISBN: 978-84-8302-921-3, 84-8302-921-9
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)

Otros catálogos

Descripción principal

  • Esta é a crónica subxectiva dun tempo, os últimos vintecinco anos, narrada por unha persoa que posúe a percepción sensible e apaixonada dos que loitan activamente para mellorar unha realidade tan incerta como a Galicia deste período. Un libro que está a cabalo entre unhas memorias dun tempo presente, na metade do camiño da vida do seu autor, e un ensaio sociolóxico e político sobre o pasado inmediato e o devir do país.

    Empregando unha narración en primeira persoa, tan emotiva e fermosa como nalgúns momentos provocadora, Baamonde fai desfilar por estas páxinas a vida daqueles conmovedores rapaces que nos anos setenta aprendían antifranquismo. O autor ensaia un retrato do desenvolvemento da nova clase política que provocou a Autonomía, perfilando unha imaxe da sociedade galega, sumida –para el– “na inercia, no marasmo e no desconcerto”, non exenta de dureza, pero descrita sen amargura, coa leve ironía e o tipo de humor distanciado de quen pretende desenvolver a madurez dunha conciencia crítica. O volume inclúe un ensaio final, “Recapitulación: Galicia, hoxe, máis ou menos”, onde Baamonde realiza unha interpretación dos últimos vintecinco anos en Galicia, á luz da evolución do pensamento sobre a identidade e dos fenómenos políticos e sociais que supuxo a consolidación do proceso autonómico. Unha obra singular para animar o debate e a reflexión sobre un futuro por construír. Un libro que dará moito que falar.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno