Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


A Unión Europea: Unha visión multidisciplinar

Imagen de portada del libro A Unión Europea

Información General

Otros catálogos

Descripción principal

  • Coordinado polo profesor Xulio X. Pardellas de Blás o presente volume proporciona arredor de catro grandes áreas e con análises diferenciadas (a historia, o dereito, a economía e máis a cultura) unha idea clara do presente e do futuro de Europa.

    Así, Luís Domínguez Castro, doutor en Historia e profesor titular do Departamento de Historia, Arte e Xeografía da Universidade de Vigo, aborda o eido histórico na primeira parte do libro co traballo “Da pequena á grande Europa (1945-2004), onde se realiza un percorrido dende os pais fundadores e os comezos da integración europea e as Comunidades ata a análise dos procesos de de ampliación e o futuro da Unión Europea do novo século de vintecinco membros.

    No segundo, Noemi García Gestoso, doutora en Dereito e profesora do Departamento de Dereito Público da Universidade de Vigo, aborda as cuestións relacionadas co dereito, dende a estrutura orgánica e competencias da Unión Europea ás principais características do dereito comunitario.

    Xulio X. Pardellas de Blas, doutor en Economía e profesor titular do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo, aborda no terceiro capítulo os aspectos relacionados coa economía, analizando dende a perspectiva histórica da integración, os efectos das políticas comunitarias sobre os mercados agrícolas, pesqueiros, a reestruturación do tecido social, ás políticas destinadas á eliminación das desigualdades rexionais e ás características da Unión Monetaria.

    No derradeiro capítulo, Manuel González Piñeiro, doutor en Lingüística e profesor titular do Departamento de Didácticas Especiais da Universidade de Vigo, aborda a análise da diversidade lingüística na Unión Europea.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno