Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


A integración europea

Imagen de portada del libro A integración europea

Información General

Otros catálogos

Descripción principal

  • En 1996 a Comisión Europea confirmoulle á Universidade de Vigo a concesión dun módulo multidisciplinar de introducción á integración europea, que supoñía a súa participación no Proxecto Jean Monnet, que reune a máis de 200 universidades para promover a idea de Europa. Este módulo foi dispensado por primeira vez no curso 1996-97. Daquela evidenciouse a necesidade dun manual de consulta sobre temas europeos que tivese un enfoque multidisciplinar e en lingua galega. De aí naceu A integración europea. Un enfoque interdisciplinar, un libro que achega aos estudiantes e a todas as persoas interesadas unha sorte de síntese e crisol de enfoques para o estudio do proceso de construcción europea.

    En A integración europea, analízase a evolución da construcción europea desde as pioneiras formulacións para acadar a unidade de Europa, en 1919, ás diferentes modificacións institucionais que callaron na transformación da Comunidade Económica Europea na UE.

    Na segunda parte faise un repaso da conformación da estructura orgánica e institucional da Unión Europea, reparando na formación do dereito comunitario e nos seus principios, antes de se deter no estudio do proceso contencioso administrativo.

    A terceira sección dá conta das claves económicas do proceso de integración e dos seus efectos, para logo debullar as diferentes políticas, económicas e sociais comunitarias, así como as súas formas de financiamento e as avantaxes e problemas da Unión Monetaria.

    Na derradeira sección analízase a diversidade cultural da Unión Europea e proporciónase unha visión sintética da riqueza idiomática a través do estudio das once linguas oficiais na Unión Europea.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno