Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


A historia da buguina

Imagen de portada del libro A historia da buguina

Información General

  • Autores:
  • Editores: Edicións Xerais
  • Año de publicación: 1988
  • País: España
  • Idioma: gallego
  • ISBN: 978-84-7507-481-8, 84-7507-481-2
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)

Otros catálogos

Descripción principal

  • No século XVII, as rotas do comercio marítimo que cruzan o mar Mediterráneo sofren os ataques dos piratas. Un barco italiano que leva uns valiosos gravados recibe o asalto de Schiller, un famoso pirata, que rouba toda a mercancía, gravados incluídos.

    Os italianos mandan un nobre aventureiro, Boticheli, para que recupere os gravados. Este chega a Túnez, onde ten o seu refuxio o pirata Schiller. Unha noite, nunha pousada, recibe unha estraña noticia, relativa á existencia dunha buguina máxica, na que se poden escoita-las conversas que se mantiveran anteriormente no lugar onde estivese a estraña cuncha.

    Pero esa buguina está en propiedade de Schiller. Mediante enganos, Boticheli consegue facerse con ela, e así saber a quen lle vendeu os gravados o pirata. Unha vez coñecido o dono dos mesmos, Boticheli consegue recuperalos e fuxir con eles de volta a Italia.

    Pero a súa viaxe estará chea de atrancos. Boticheli deberá atravesa-lo deserto e pasar moitas penalidades no seu accidentado camiño de volta. De tódolos atrancos irá saíndo con ben, gracias á súa astucia e ás propiedades máxicas da buguina, que el sabe aproveitar moi ben.

    Finalmente, chega a Florencia, o seu punto de destino, onde devolve os gravados ó seu dono, un rico comerciante. Este quere mercarlle a buguina máxica, pero Boticheli prefire botala ó mar " para evitar que caese en malas mans e a utilizasen noutros mesteres que non fosen os de levar a bo termo boas empresas " .


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno