Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


A cidade dos Césares

Imagen de portada del libro A cidade dos Césares

Información General

  • Autores:
  • Editores: Edicións Xerais
  • Año de publicación: 2002
  • Edición:
  • País: España
  • Idioma: gallego
  • ISBN: 978-84-8302-841-4, 84-8302-841-7
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)

Otros catálogos

Descripción principal

  • Entre 1776 e 1783 case catrocentas familias embarcaron nos peiraos do Parrote, na Coruña, rumbo ás terras ignotas da Patagonia para levantar no sur do novo continente poboacións e asentamentos " cos que el-Rei don Carlos III das Españas ha de defender os seus reinos, ameazados pola cobiza do inglés e e a furia dos inimigos " , segundo rezaban as ordes do ministro Floridablanca e o marqués da Sonora, inspiradores da experiencia.

    Esta " Expedición das familias " , que foi como se denominou a aventura, movilizou fundamentalmente xentes de Galicia, de León e de Asturias, labregos " de probada conducta " , para afincar os establecementos patagónicos: San Xosé, Porto Desexado, San Xulián, Nosa Señora do Carme..., e constitúe de feito a primeira emigración masiva de galegos o novo mundo, o principio dunha longa diáspora.

    Freixanes volve, pois, sobre algunhas das súas constantes: a utilización da Historia como materia narrativa, e propón nas páxinas desta novela un canto épico ás nosas xentes, homes e mulleres de humilde condición, pilotos, oficiais, exploradores, intendentes, capitaneados por don Xoán De la Piedra, primeiro responsable da expedición.

    Novela de aventuras e de reflexión, de intenso alento épico e escollidos momentos de lirismo, na que o lector viaxa da man dun difunto, o piloto noiés Basilio Vilariño, por algúns dos episodios máis fascinantes e menos coñecidos da nosa Historia.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno