Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


A chamada da selva

Imagen de portada del libro A chamada da selva

Información General

Otros catálogos

Descripción principal

  • No outono de 1894 o descubrimento de ouro en Klondike levou ata as rexións xeadas de Alaska a homes de tódalas partes do mundo. A chamada da selva é a historia destes homes, desta epopeia vivida no espello da aventura dun can, Buck, que tras catro anos de cómodo vagar na granxa do xuíz Miller, preto de San Francisco, ten que comenzar unha vida rexida pola lei do vergallo e da loita pola existencia para, ó cabo, sentir a chamada do atávico, o achegamento ó lobo, o seu irmán salvaxe que ha cantar co seu ouveo a canción do mundo primitivo.

    A presente edición de A chamada da selva recolle a traducción para o galego realizada por Gonzalo Navaza. Foi ilustrada, empregando técnicas de gravación polo vigués Federico Fernández, actual Premio Nacional de Ilustración 2002.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno