Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


A casa de Adara

Imagen de portada del libro A casa de Adara

Información General

  • Autores:
  • Editores: Edicións Xerais
  • Año de publicación: 1996
  • País: España
  • Idioma: gallego
  • ISBN: 978-84-7507-985-1, 84-7507-985-7
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)

Otros catálogos

Descripción principal

  • A casa de Adara están unidos, como xa fixera hai vinte anos na súa primeira entrega narrativa -Mementos de vida- polo fío sutil da rememoración de diversos episodios vitais, da evocación da infancia, da memoria, da vida. Para Conde necesitamos que nos transmitan oralmente historias individualizadas, que nos conformen a nosa memoria colectiva e imprescindible, a identidade propia. Sete contos, que son outras tantas historias de vida, dun río que flúe e que nos leva: a dun señorito de posguerra que viaxa a consolar ó seu sobriño neto; a dun mariño á procura dun dentista nun porto lonxano; a dun bancario bulímico; a dun " psiquiatra " falsificador; a dun marido aburrido que padece de proído testicular; a dun cubano na busca das súas raíces na casa petrucial galega. Conde confesa que nestes contos " hai desprazamentos varios e imaxinacións diversas, porque vivir é iso: soñarse a si mesmo, sabendo que a realidade existe porque nós existimos " . Literatura, pois, para redimirnos da vida.! O universo literario persoal de Conde ámósase, en A Casa de Adara coas súas liñas máis definitorias: o gusto pola reflexión, a búsqueda constante da introspección, o diálogo constante co lector (dos que " A morte de Blas " e " A cidade da Alameda " son exemplos moi evidentes); a descrición minuciosa das sensacións (que en contos como " O proído " e " Aires de triunfo " acadan cotas maxistrais); a utilización frecuente das elipsis (presentes na construcción de cada unha das tramas); o humor, a fina ironía, que chega ata ás fronteiras do sarcasmo (presente en " O loro de Baracaldo " ).

    Con todo, o que máis destaca no libro é característica mestura que realiza Conde entre os planos da realidade e da fantasía, que brilla especialmente no relato que dá título ó volume. Un canto " matemático " que pon ramo a un libro redondo.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno