Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


A carreira do salmón

Imagen de portada del libro A carreira do salmón

Información General

  • Autores:
  • Editores: Edicións Xerais
  • Año de publicación: 2001
  • País: España
  • Idioma: gallego
  • ISBN: 978-84-8302-703-5, 84-8302-703-8
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)

Otros catálogos

Descripción principal

  • A carreira do salmón é agónica, unha forma de vivir e avanzar coma unha condea. Este libro, escrito con labaradas de rabia e refachos de frustración, fala máis dos esforzos e da canseira dos que intentan realizar a ilusión da liberdade desde a Galiza que dos froitos e avances conseguidos na última década nesa angueira.

    A carreira do salmón, unha antoloxía da obra xornalística de Suso de Toro, preparada por Maruxa Guitián Montero, tanto da publicada como da que ata agora permaneceu inédita, recolle a mirada vivificante do escritor que esculca o mundo que o rodea, a sensibilidade do artista que non permanece xordo ou cego diante dos problemas que se presentan na sociedade do seu tempo.

    Suso de Toro escribe dende a súa subxectividade sobre os máis diversos temas sociais e políticos do noso tempo (dende a contaminación acústica ás tripas do actual mundo tecnolóxico, dende o debate sobre a legalización das drogas á pobreza económica e moral na que viven milleiros de persoas, dende a discriminación das mulleres ás voces do pensamento solidario, dende o futuro do idioma ao papel dos creadores, dende a problemática nacional galega á configuración política do estado... e faino dende un pensamento radicalmente individual, lucidamente contemporáneo e insubmiso, achegándose ao colectivo e tomando partido ata mancharse: polas causas do humanismo, da nación, do mundo, da vida, da esperanza. Para Suso de Toro nesta carreira do salmón o futuro só queda aberto para os que teñan azos e vontade.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno