Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


O corsario: vida e tempos de Juan Gago de Mendoza

Imagen de portada del libro O corsario

Información General

  • Autores:
  • Editores: Vigo : Xerais, 2005
  • Año de publicación: 2005
  • País: España
  • Idioma: gallego
  • ISBN: 84-9782-379-6
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)

Otros catálogos

Descripción principal

  • Juan Gago de Mendoza, o señor do Chirleu, foi un dos capitáns e armadores corsarios galegos que máis destacou durante a guerra de guerrillas que se librou no mar contra os ingleses a finais do século XVIII e principios do XIX. Posteriormente, tamén se sinalou organizando en terra a guerrilla contra os franceses, como comandante das alarmas do Morrazo, durante a Guerra da Independencia. Nacido en 1761 na Casa da Brea, na feligresía de San Tomé de Piñeiro, no camiño entre Marín e Bueu, protagoni-zou, xunto con seus irmáns (José Bernardo, Manuel e Antonio) e a bordo de distintas embarcacións (a basca Guerra, a pinaza Vencedora, o quechemarín Prodigioso, o falucho Triunfo, a lancha Terrible ou a em-blemática goleta Peregrina Brillante) algún dos episodios máis apaixonantes do corso galego, como a caza á que foi sometido pola corbeta inglesa Kinisfin. Froito dunha investigación rigorosa e moi documenta-da, Alberto Fortes ofrece un trepidante relato, onde a presenza constante do mar e a reconstrución da biografía épica do Señor do Chirleu e dos membros da súa familia permite descubrir ao lector de hoxe a historia descoñecida do corso no sur das rías galegas.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno