Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Contra a síndrome N.N.A.: (non hai ningunha alternativa) : unha aposta pola esperanza

Imagen de portada del libro Contra a síndrome N.N.A.

Información General

  • Autores:
  • Editores: Vigo : Edicións Xerais de Galicia, 2005
  • Año de publicación: 2005
  • País: España
  • Idioma: gallego
  • ISBN: 84-9782-297-8
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)

Otros catálogos

Descripción principal

  • A síndrome N:N.A. vén ser a de “Non hai Ningunha Alternativa”, a que nace da imposición nos últimos anos do que se deu en chamar “pensamento único”, global; esa concepción do mundo, da vida, da política e da economía que nos quere convencer de que hoxe xa nos hai máis ideoloxía viable que a ideoloxía neoliberal e o sistema económico do mercado total. Como o letreiro que o Dante puxo na porta do inferno, cómpre " abandonar toda esperanza " en calquera utopía de cambio transformador, pois está de antemán condenada ao fracaso. Este libro nega radicalmente este fatalismo ancorado no medo e no desencanto paralizante propoñendo como antídoto a esperanza que nace dunha confianza radical en que a auténtica globalización é a da fraternidade e o amor solidario. Para o autor, o crego Victorino Pérez Prieto, só hai alternativa para un mundo insolidario e egoísta coma o que vivimos estando a carón da xente, acollendo a súa sabedoría, reelaborándoa persoalmente e sendo capaz de apuntar cara o futuro, con idealismo ou pesimismo, mais con esperanza. O libro, froito de quince anos de escrita, recolle textos reelaborados a partir dos publicados inicialmente en “Diario de Ferrol”, “A Nosa Terra”, “Encrucillada”, “Irimia”, “El Progreso”, “Terra e Tempo” e “Tempos Novos”. Organizados en seis capítulos. I. A carón da xente; II. Persoeiros e amigos, III. Un mundo entre a vida e a morte; IV. Xesús de Nazaret e a relixión; V. A Igrexa e as igrexas e VI. Curas e bispos. Un libro, pois, no que o autor aposta con valentía pola utopía e a esperanza do Reino de Deus que anunciou Xesús de Nazaret, presente noutros proxectos de liberación non relixiosos, mais para el non menos crentes.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno