Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


A idea de nación en Castelao

Imagen de portada del libro A idea de nación en Castelao

Información General

  • Autores:
  • Editores: Vigo : Edicións Xerais de Galicia, 2000
  • Año de publicación: 2000
  • País: España
  • Idioma: gallego
  • ISBN: 84-8302-477-2
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)

Otros catálogos

Descripción principal

  • Ramón Máiz, catedrático de Ciencia Política na Universidade de Santiago, elabora en A idea de nación en Castelao un modelo para a análise dos aspectos políticos e ideolóxicos do nacionalismo en Castelao, facendo unha aquelada interpretación do seu pensamento a través dunha lectura crítica de Sempre en Galiza. Máiz afonda no pensamento político de Castelao a partir da súa primeira cerna: o concepto de Galicia como nación que vertebra o seu enteiro discurso en canto se postula como indeclinablemente nacionalista.

    Nesta breve monografía téntase dar conta dos elementos fundamentais cos que Castelao constrúe o concepto de nación, o “núcleo duro” da cualificación nacionalitaria; de ordenar o peso interno relativo de cada un dos seus elementos e da súa articulación como momentos dunha formación discursiva nacionalista; a articulación do núcleo duro discursivo con elementos racionais de exclusión e identificación que contribúen dialecticamente e de xeito decisivo á fixación do concepto final de nación; e, finalmente, a articulación do anteiro na orde política: institucional (modelo de estado) e político estratéxico (pobo-nación, apoios, etc.).

    A idea de nación en Castelao constitúe unha das máis sólidas reflexións e investigacións sobre o pensamento político de Castelao, ó tempo que contribúe ó proceso de permanente edificación e reconstrucción interpretativa de Sempre en Galiza, libro-símbolo do proxecto político nacionalista galego.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno