Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Nais, damas, prostitutas e feirantas

Imagen de portada del libro Nais, damas, prostitutas e feirantas

Información General

Reseñas

Otros catálogos

Descripción principal

  • Nais, damas, prostitutas e feirarntas é o primeiro estudio de conxunto da presencia das mulleres na literatura galega, no que se analizan as imaxes femininas e a incidencia da variable xenérica en diversas creacións literarias, fundamentais na nosa cultura, como son a narrativa de Ramón Otero Pedrayo, Eduardo Blanco Amor ou Álvaro Cunqueiro, e a poesía de Ricardo Carballo Calero, Celso Emilio Ferreiro ou Xosé María Díaz Castro.

    Nais, damas, prostitutas e feirantas representan os prototipos femininos básicos que aparecen neste conxunto literario, no que, para a ideoloxía establecida, o primeiro par simboliza o centro positivo e o último as ambiguas ou negativas marxes. Mais por enriba de todas sobresae a sombra poderosa das nais, paraíso perdido que todo o envolve e que se identifica con Galicia.

    Carmen Blanco revela a existencia dunhas estéticas patriarcais e unhas miradas androcéntricas por enriba das cales latexa a multiforme diversidade humana, feminina ou masculina,. acochada máis alá dos patróns xenéricos.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno