A Memoria de Ourense é a terceira entrega dos albums de postais que Xerais ven publicando nos últimos anos. Despois da grande acollida de A memoria de Vigo e A memoria da Coruña volume que foi galardonado cun dos premios que outorga o Ministerio de Cultura ós libros mellor editados, o presente volume recolle máis de cen postais, todas elas datadas e catalogadas nas tres primeiras décadas do século xx, sobre presencias gráficas da cidade de Ourense e das vilas máis significativas da provincia.
O volume, precedido por unha presentación realizada polo coleccionista e editor da obra, Carlos Díaz Martínez, recolle dous ensaios literarios preparados por Marcos Valcárcel, Ourense, a gran cidade literaria e por Xosé Carlos Caneiro, Ourense, a metáfora e o mar. Como nos volumes anteriores, os textos aparecen traducidos para o castelán e para o inglés. O volume remata cunha bibliografía e catalogación de cada unha das pezas gráficas recollidas na obra.
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados