Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Vigo: cen anos de historia urbana : 1880-1980

Imagen de portada del libro Vigo

Información General

Otros catálogos

Descripción principal

  • Vigo é unha das cidades urbanisticamente máis difíciles e conflictivas de Galicia. ¿Por qué? Condicionada pola súa xeografía, pero tamén pola súa propia historia, en cen anos levantou as súas paredes, tracexou as rúas, improvisou servicios, viu medrar os seus barrios a unha velocidade abraiante e non sempre controlada... O resultado é caótico, pero extraordinariamente interesante para o xeógrafo e o historiador que analiza con atención este proceso. E revelador para os lectores.

    A emigración a alén mar na segunda metade do XIX, as poderosas exportacións de salazón e conserva de peixe, a expansión do capitalismo competitivo e a aparición dun activo mundo empresarial, a súa dimensión atlántica, a concentración de capitais na década dos 60, etc., son algúns dos factores que se valoran moi documentadamente neste traballo e que explican o presente da cidade.

    ¿Cómo pensar o futuro sen estudiar e analizar obxectivamente o pasado? O lector ten nas súas mans datos, reflexións, iniciativas, documentos fundamentais para entender unha das realidades urbanas máis complexas e, ó mesmo tempo, máis apaixonantes e exemplificadoras do noso país, un libro elaborado todo co rigor da investigación máis cualificada.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno