Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


As Cantigas de Santa María

Imagen de portada del libro As Cantigas de Santa María

Información General

  • Autores:
  • Editores: Vigo : Edicións Xerais de Galicia, 2002
  • Año de publicación: 2002
  • País: España
  • Idioma: gallego
  • ISBN: 84-8302-787-9
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)

Otros catálogos

Descripción principal

  • As Cantigas de Santa María son o punto final dunha longa tradición literaria en loanza da Virxe María. Obra dun rei que tiña a súa disposición un obradoiro literario onde non faltaban medios, as Cantigas foron copiadas en ricos códices, onde cada texto vai acompañado da notación musical e de ricas imaxes.

    Desde este libro de Elvira Fidalgo, profesora titular da Universidade de Santiago, preténdese ofrecerlle ó lector unha visión o máis completa posible das Cantigas de Santa María, dado que nunca se chegou a elaborar un libro que abarcase os puntos básicos e esenciais para que o interesado pola literatura medieval galega puidera completar o coñecemento do panorama poético do noroeste peninsular co achegamento a un cancioneiro tan rico, completo e complexo.

    Este libro estudia os aspectos fundamentais para a comprensión de tan ambiciosa obra e a tal fin revísase a tradición literaria na que se encadra, levando a cabo unha análise do modelo arquitectónico que estructura os textos e un repaso ós problemas que presenta a súa edición, aínda non resoltos. Por primeira vez, ofrécese un estudio global das cantigas de loor que ata o de agora non chamaran a atención da crítica e descríbense dous modelos básicos ós que responde a factura destes textos particulares. Hai tamén un apartado para a música e outro para a iconografía, preprado pola medievalista Rocío Sánchez Ameijeiras, que por vez primeira se estudia con carácter xeral, destacando a importancia da miniatura alfonsina no panorama europeo da época.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno