Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Emigrantes, caciques e indianos o Influxo sociopolítico da emigración transoceánica en Galicia (1900-1930)

Imagen de portada del libro Emigrantes, caciques e indianos o Influxo sociopolítico da emigración transoceánica en Galicia (1900-1930)

Información General

  • Autores:
  • Editores: Vigo : Edicións Xerais de Galicia, D.L. 1998
  • Año de publicación: 1998
  • País: España
  • Idioma: gallego
  • ISBN: 84-8302-213-3
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)

Otros catálogos

Descripción principal

  • Emigrantes, caciques e indianos constitúe un primeiro achegamento a cuestións sinaladas decote na historiografía galega mais, ata o de agora, non analizadas en profundidade: ¿Cal foi o influxo da emigración transoceánica masiva en Galicia durante o primeiro tercio deste século? ¿Qué lle debe Galicia a América? ¿Cal foi o papel colectivo dos emigrantes retornados? Alén dos tópicos e das descricións costumistas, ou das visións que insisten máis no que podería ter acontecido no canto do que realmente aconteceu, o autor examina, á luz doutros exemplos comparativos, cal é o modelo específico de interacción que se produce entre as colectividades de emigrantes galegos en Cuba, Arxentina, Uruguai, Brasil e os Estados Unidos, e Galicia. Aténdese así aos marcos de relación social preferentes de nivel local e comarcal vehiculizados a través do asociacionismo emigrante e mais o asociacionismo agrario. Con iso, revélase o papel fundamental que tanto as remesas materiais como inmateriais xogaron na modernización do país durante o período considerado, particularmente na súa aportación á construcción da sociedade civil.

    O libro revisa os efectos das remesas de diñeiro dos emigrantes, as formas asociativas dos galegos en América e a mobilización sociopolítica que se produce arredor delas, a interacción na política local entre a Galicia de alén e de aquén mar mediante varios casos escollidos, o influxo dos movementos políticos e sociais galegos entre os emigrantes, e finalmente a imaxe e a influencia dos retornados, os chamados ‘’americanos’’ ou ‘’indianos’’, na sociedade galega.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno